Inscrición na actividade de natación da USC

A USC inicia un novo curso de actividades deportivas e escolas de lecer que inclúe a escola de natación e actividades acuáticas. Ao longo deste ano académico 2016-2017 haberá dous cursos, de 45 minutos de duración á semana:

1º cuadrimestre: desde o 1 de outubro ao 31 de xaneiro. Non son lectivos: 12 de outubro, 1 de novembro, 6 e 8 de decembro, período de Nadal: desde o 23 de decembro ao 6 de xaneiro e 27 e 28 de xaneiro.
2º cuadrimestre: desde o 1 de febreiro ao 31 de maio. Non son lectivos: 28 de febreiro (martes de entroido), período de Semana Santa: desde o 9 ao 16 de abril, 1 de maio, 17 de maio e 25 de maio (Ascensión).

As prazas dispoñibles son:
Luns, de 17:15 a 18:00: 6 prazas
Martes, de 17:15 a 18:00: 12 prazas
Xoves, 17:15 a 18:00: 6 prazas

O importe é de 46€ por curso (o proceso de alta de usuario é gratuito).

Seguir lendo Inscrición na actividade de natación da USC

Xuntanza informativa sobre as actividades extraescolares de Aloha e Kith English

O vindeiro martes día 20 de setembro no comedor do centro haberá unha xuntanza informativa para os pais sobre dúas das actividades extraescolares ofertadas no centro para o curso escolar 2016-2017.

ALOHA Hora de celebración: 17-17.30 horas

KITH ENGLISH & ACTIVITIES hora de celebración: 17.30-18 horas

Por outro lado desde los responsables de ALOHA CORUÑA infórmannos do seguinte:

“Debido al cambio de dueños de esta franquicia, los que quieran seguir con el programa tendrán que hacer de nuevo la inscripción por la web que les pongo a continuación (No en renovación, sino en NUEVA MATRICULA):

https://matricula.alohaspain.com/

Los horarios van a seguir siendo los mismos ofertados hasta ahora, así como el profesor.”

DISPOÑEDES DE FOLLETOS INFORMATIVOS DESTAS DÚAS ACTIVIDADES TANTO NO COMEDOR COMO NO RECIBIDOR DO COLEXIO.

Nota informativa: Pementos do Couto

Un ano mais o consello regulador da IXP pemento do couto e a cooperativa o val de Narón nos agasallan con pementos para o comedor escolar para que os demos a coñecer entre os nosos usuarios. Estes pementos, que tiveron moi boa acollida en setembro do ano pasado, son excelentes para os cativos dado que non conteñen capsicina e polo tanto non pican, ademais de ser un alimento de extraordinario sabor e que contribúe a unha alimentación o máis variada posible.

Para que o máximo número de xente poda degustalos, consumirémolos o vindeiro martes 14 de xuño, no que tamén algúns profesores serán usuarios do comedor, e o venres 17 de xuño, día da festa de despedida dos alumnos de 6º.

O presidente da ANPA.

couto

Visita autoridades ao colexio

O pasado xoves o colexio recibiu a visita de diferentes autoridades da Consellería como Jesús Oitaven Barcala, Secretario Xeral técnico da Consellería de Educación, Valentín García Gómez, Secretario Xeral de política Lingüística, Indalecio Cabana Leira xefe territorial de educación, Pura Galán Boutureira, coordinadora provincial de política lingüística, María Ángeles Antón Vilasánchez subdirectora xeral de política lingüística e Luís Sánchez Rodríguez xefe do gabinete de política lingüística. O motivo da mesma foi que coñeceran os diferentes proxectos educativos nos que se está traballar na escola e así mesmo por invitación da ANPA coñecer as instalacións de cociña remodeladas co equipamento aportado pola consellería e o noso modelo de xestión. Ao final do acto se lles invitou a uns pinchos. Por parte do secretario xeral técnico confirmouse a intención de pechar o patio de columnas para que os nenos poidan xogar en toda a superficie do patio nos días de chuvia. Tamén se cursara unha invitación ao conselleiro de educación do consello de Santiago de Compostela que colaborou nos arranxos da cociña o cal non puido asistir por problemas de axenda.

Todos os asistentes se mostraron satisfeitos polo visto na visita tanto no referente aos aspectos educativos como os da xestión dos servizos da ANPA.

Asemblea ordinaria da ANPA 7 de xuño

Convócase asemblea ordinaria da ANPA o 7 de xuño, ás 16:45 en primeira convocatoria e ás 17:15 en segunda, no salón de actos do colexio, co seguinte orde do día:
Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
Celebración de eleccións á xunta directiva
Aprobación de novos estatutos da ANPA
Aprobación da carta de dereitos e obrigas de usuarios, traballadores e socios
Regulamento dos servizos de comedor e madrugadores
Rendición de contas da ANPA
Rogos e preguntas
Achéganse os documentos referidos.

vixente_regulamento-comedor-e-madrugadores

vixente_estatutos-anpa-lopez-ferreiro

vixente_carta-de-dereitos-e-obrigas-dos-socios-empregados-e-usuarios

proposta_regulamento-comedor-e-madrugadores

proposta_estatutos-anpa-lopez-ferreiro

proposta_carta-de-dereitos-e-obrigas-dos-socios-empregados-e-usuarios

consulta-vinculante-a-facenda-art-88-e-89-da-lei-xeral-tributaria

Eleccións á Xunta Directiva da ANPA

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA

Convócase Asamblea Extraordinaria da Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas do López Ferreiro, que terá lugar no Salón de Actos do Colexio o MARTES, 26 de abril, ás 17.15 horas en primeira convocatoria, e ás 17.30 en segunda, tendo como únicos dous puntos na orde do día a lectura e aprobación da acta anterior e a celebración de eleccións á Xunta Directiva da ANPA.

calendario-proceso-electoral-renovacion-directiva-anpa-2016-1

«A excelencia é que haxa un comedor escolar e unha cociña en cada colexio» La Voz de Galicia 09/01/2016

se9c12f1

No colexio público López Ferreiro funciona o comedor escolar, con cociña propia, desde que o centro dependía do Ministerio de Educación. Tras a transferencia das competencias en Educación á Xunta, a ANPA tivo que asumir a xestión, ante o risco de quedar sen o servizo. Decidiu mantela, cando o Concello ofreceu a posibilidade de cátering aos centros públicos. Os últimos anos funcionan como unha empresa, que contratou asesoramento laboral e fiscal, e o dunha empresa de riscos laborais, para elaborar nóminas, atender facturas, formación de persoal, e demais tarefas ordinarias e obrigacións con diversas administracións.

José Manuel Pereiro, presidente da Anpa, explica que «temos que cumprir a lexislación de Industria, Sanidade, fiscal e laboral». Manteñen así un modelo de comedor escolar único en Santiago, que este curso prepara ata 120 almorzos e 180 comidas diarias, segundo indica a responsable da cociña, Susana Fondo.
Seguir lendo «A excelencia é que haxa un comedor escolar e unha cociña en cada colexio» La Voz de Galicia 09/01/2016